Unen poesía e fotografía no concurso escolar 'Lebres coma gacelas' que homenaxea a Xela Arias

Pontevedra
09 de outubro 2021

A Deputación de Pontevedra lanza un concurso escolar entre o alumnado de Secundaria enmarcado nas actividades en homenaxe a Xela Arias, autora das Letras Galegas 2021. Buscan achegar a figura e o legado de Arias ao público máis novo e fomentar a súa creatividade unindo poesía e fotografía

Cartaz do concurso 'Lebres coma Gacelas'
Cartaz do concurso 'Lebres coma Gacelas'

A Deputación de Pontevedra lanza un concurso escolar entre o alumnado de Secundaria enmarcado nas actividades en homenaxe a Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021.

De xeito paralelo e complementario á exposición 'Lebres coma Gacelas', o órgano provincial busca achegar a figura e o legado de Arias ao público máis joven e fomentar a súa creatividade unindo poesía e fotografía.

Para participar, o alumnado dos centros deberá realizar creacións artísticas (unha por autor/a) que combinen fotografías e poesías inéditas. Unha persoa responsable do centro educativo presentará as obras realizadas, que deberán estar identificadas co nome, idade e co centro da persoa participante.

Enviarase en formato JPG ou PDF e cunha alta resolución ao correo electrónico [email protected]. O prazo de entrega finalizará o 5 de novembro.

A Deputación premiará a estudantes e a os centros onde estudan, dando ao instituto gañador un mural dedicado a Xela Arias que realizará a artista Tania Solla e unha actividade lúdica e interactiva sobre Arias impartida polo Correo do Vento.

Ademais, a persoa gañadora recibirá unha cámara Polaroid e un agasallo didáctico.