Unha animada batalla de flores enche de bo ambiente a noite marinense

Marín
13 de xullo 2022

As Festa do Carme de Marín aproxímanse aos seus días grandes, os que se vivirán esta fin de semana. Pero ao longo de todos estes días, numerosas actividades están a encher de alegría e bo ambiente a vila. Unha dela foi a batalla de flores nocturna celebrada este martes

Batalla de flores nocturna nas Festas do Carme
Batalla de flores nocturna nas Festas do Carme / Concello de Marín

As Festa do Carme de Marín aproxímanse aos seus días grandes, os que se vivirán esta fin de semana. Pero ao longo de todos estes días, numerosas actividades están a encher de alegría e bo ambiente a vila. Unha dela foi a batalla de flores nocturna celebrada este martes.

Un centenar de nenos e nenas subiron ás sete animadas carrozas que desfilaron por algunhas das principais rúas de Marín, entre elas a Avenida de Ourense, a Praza de España e as rúas Almuíña e Jaime Janer.

Todos eles foron disfrazados acordes á carroza na que ían subidos, decoradas con motivos relativos ao baile, os gnomos, as flores, os insectos ou a natureza, entre outros.

A comparsa Os Solfamidas foron os encargados de pechar o desfile.

Esta batalla de flores, amenizada con música en directo, foi unha das principais ofertas festivas incluídas na programación da Festa do Carme para este martes, que incluíu ademais un concerto da banda de música Musimarín na Alameda.

Pare este mércores, o prato forte será a verbena coa orquestra París de Noia, a partir das 22:30 horas, na Praza de España. A ela sumarase a actuación do Mago Paco na Alameda, ás nove da noite.