Unha avaría deixa sen subministración eléctrica a 4.106 clientes de Fenosa en Marín

Marín
01 de febreiro 2017

Este mércores Marín sufriu un apagón como consecuencia dunha avaría. Segundo informou o concello, ás 13.00 horas empezaron a recibirse chamadas nas oficinas municipais de cidadáns afectados por este fallo eléctrico

Plaza de abastos de Marín Daniel Santomé

Este mércores Marín sufriu un apagón como consecuencia dunha avaría. Segundo informou o Concello, contra as 13.00 horas empezaron a recibirse chamadas nas oficinas municipais de cidadáns afectados por este fallo eléctrico.

Recibíronse queixas de usuarios do mercado e de residentes das rúas Lameira, Ejército y Marina, Estrada e Concepción Arenal.

Os servizos técnicos de Gas Natural Fenosa desprazaron aos seus servizos de mantemento á zona. Despois dunha hora, o servizo repúxose.

Segundo informou a empresa subministradora, o apagamento afectou a 4.106 clientes. Repúxose de forma inmediata o 22% por telemando. Aos 30 minutos o 52% adicional e o resto (26%) aos 64 minutos.

Durante a xornada os técnicos trataron de localizar o punto exacto da avaría, para posteriormente proceder á súa reparación.