Cruz Vermella Española celebra este mércores 5 de outubro a campaña da banderita. Os voluntarios da Institución comezaron ben cedo a "tomar" as rúas de distintas cidades da provincia cargados cos petos.
A recadación destinarase a proxectos de apoio á infancia e as súas familias. En Pontevedra a Cruz Vermella axuda a máis de 300 nenos e 200 familias.
As actuacións do programa de Promoción do Éxito Escolar de Cruz Vermella están dirixidas a apoiar aos nenos e as súas familias mediante a realización de actividades socioeducativas e a entrega de axudas de primeira necesidade (como merendas e almorzos, material escolar e axudas económicas ás familias como bolsas de comedor, axudas ao transporte, vestiario e actividades extraescolares).