Unha "brava do país" fronte a "actitudes do tempo de Queizán"

Pontevedra
16 de outubro 2014

Pilar Dopazo Leiró é a única candidata ás primarias de Compromiso por Galicia (CxG) para elixir á súa cabeza de lista por Pontevedra de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio

Rafael Cuiña, Pablo Tortajada e Pilar Dopazo
Rafael Cuiña, Pablo Tortajada e Pilar Dopazo

Pilar Dopazo Leiró é a única candidata ás primarias de Compromiso por Galicia (CxG) para elixir á súa cabeza de lista por Pontevedra de cara ás eleccións municipais do próximo mes de maio.

O coordinador provincial de CxG, Rafael Cuíña, describiu a esta veciña de Estribela como unha "brava do país" que asume este reto ante a "certa tendencia a actitudes rozando o ditatorial, como en tempo de Joaquín Queizán".

Tanto Pilar Dopazo como Cuiña, apostaron pola "exemplaridade da política" defendendo a obrigatoriedade de dimisión de concelleiros imputados e a participación cidadá. Ademais destacaron a necesidade da "dignificación de Pontevedra coma capital".

A creación de emprego é o principal programa de Pilar Dopazo é o seu programa de goberno, para iso apostará por políticas que fomenten a situación de empresas no municipio, dotándoo de chan industrial ou rebaixando os impostos as empresas locais nos momentos de crise.

Compromiso por Galicia apoia a peatonalización "pero non o modelo de cidade", no que falta un Plan Xeral de Ordenación Municipal e unha auténtica circunvalación.