Unha canle de denuncia contra a corrupción entra en funcionamento en Sanxenxo

Sanxenxo
17 de xuño 2023

Trátase dunha ferramenta aberta a toda a cidadanía para poñer en coñecemento do Concello aquelas condutas que poidan resultar contrarias ao dereito e a principios éticos. Garanten a confidenciabilidade da denuncia

Catálogo de trámites na sede electrónica do Concello de Sanxenxo
Catálogo de trámites na sede electrónica do Concello de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

A cidadanía en xeral e o persoal municipal de Sanxenxo xa conta coa denominada 'Canle de Denuncia' para que se expoñan de maneira anónima aquelas irregularidades que detecten na xestión do municipio.

Segundo explican desde o Concello, trátase dunha ferramenta que permite poñer en coñecemento das autoridades locais condutas que sexan sospeitosas de resultar contrarias a dereito e a principios éticos. Garanten tanto a confidencialidade, o anonimato e a indemnidade para a persoa que presente a denuncia.

Este sistema atópase dispoñible nas sedes electrónicas do Concello de Sanxenxo do mesmo xeito que no organismo Terra de Sanxenxo. O usuario dispoñerá dun número de localizador para realizar un seguimento da denuncia e poderá concluír coa creación dun expediente e a tramitación pertinente atendendo á graveda dos feitos que se relaten.

Constituíuse unha Comisión Antifraude, formada por profesionais técnicos que se reúne unha vez cada tres meses ou de forma extraordinaria se é preciso. Os integrantes deseñarán, ademais, as medidas para previr, detectar, corrixir ou perseguir calquera intento fraudulento.

Na actualidade xa existe unha canle denominada 'Denuncia en materia de integridade institucional', que se inclúe no Plan Antifraude iniciado en febreiro de 2022 para optar aos fondos Next Generation.

Os responsables do Concello e Terra de Sanxenxo consideran que con estas medidas, acompañadas de charlas e tarefas formativas, garántese a loita contra a fraude. Calquera conduta irregular tratarase co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude.