A tempada taurina 2015 tivo este domingo un aperitivo en Pontevedra. O menú foi unha capea a mediodía na praza de touros.
Segundo a organización asistiron 1.230 persoas das 1.500 invitacións que se cursaron.
A becerrada, organizada de acordo coa Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, contou con participación do matador Álvaro Lorenzo, que lidou catro vaquillas, mentres dúas cuadrillas formadas por afeccionados e membros das peñas tourearon outras dúas becerras.
Os espectadores que se asistiron á cita taurina sufriron baixo un sol de xustiza que pegou durante toda a cita en San Roque, pero que non desanimou o público.