Unha caravana de 'Papás Noel' moteiros enche as rúas de Marín

Marín
17 de decembro 2022

A organización recolleu alimentos non perecedoiros diante da Escola Naval de Marín para despois doalos a unha asociación benéfica  

'Papanoelada' motera solidaria en Marín 2022
'Papanoelada' motera solidaria en Marín 2022 / Cristina Saiz

As rúas de Marín enchéronse de 'Papás Noel' este sábado coa tradicional 'Papanoelada' moteira que organizada Moteiros Solidarios Galicia.

A organización recolleu alimentos non perecedoiros diante da Escola Naval de Marín para despois doalos a unha asociación benéfica.

A caravana de motos arrincou precisamente desde a Escola para dirixirse posteriormente polo vial de praias pasando por Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez, Lameiriña e Banco Bilbao e finalizar na parada da Alameda Rosalía de Castro.