Unha menor de 16 anos, que circulaba coa súa bicicleta pola avenida de Compostela cara ao seu centro educativo na Xunqueira, resultaba ferida na mañá deste mércores 6 de outubro ao redor das 09.00 horas.
Fuentes municipais indican que un turismo golpeou á ciclista cando se atopaba na zona do paso de peóns, nas proximidades ao Pavillón dos Deportes.
Como consecuencia do impacto, a moza caeu sobre a calzada. Sufriu danos no cóbado e tamén sangraba polo nariz no momento en que acudiu unha ambulancia ata o lugar do accidente. Foi trasladada ao Hospital de Montecelo para unha observación sanitaria para determinar a gravidade das feridas.
Desde a Policía Local, que acudiu cunha patrulla ata a zona, informouse o centro educativo ao que acudía a moza e aos seus titores.