Unha comercializadora de electricidade 'verde' instalarase no polígono de Barro

Barro
09 de outubro 2021

Dous parcelas ocupará o novo proxecto empresarial que se vai a instalar no polígono de Barro. Trátase da compañía Prosol Energía S.L., unha firma comercializadora de electricidade verde para clientes con instalación solar fotovoltaica de autoconsumo

Paneis de enerxía solar
Paneis de enerxía solar / Ulrike Leone / Pixabay

Dous parcelas ocupará o novo proxecto empresarial que se vai a instalar no polígono de Barro. Trátase da compañía Prosol Energía S.L., unha firma comercializadora de electricidade verde para clientes con instalación solar fotovoltaica de autoconsumo.

A empresa ocupará dúas parcelas de 2.225 e 2.456 metros cadrados respectivamente, polas que pagará á Deputación de Pontevedra case 561.000 euros.

Para a presidenta provincial, Carmela Silva, a chegada desta nova empresa é unha boa noticia porque xerará actividade económica e emprego.

Destacou ademais o feito de que se estean a asentar empresas que aposten pola economía verde, "que é unha das grandes transformacións que temos que facer no noso país ".

Na actualidade, o polígono de Barro ten unha ocupación dun 68,4% e das 76 parcelas existentes quedan 24 á venda, apenas un terzo dos terreos que estaban dispoñibles.