Unha condutora de 60 anos, ferida de gravidade ao impactar contra unha farola en Curro

Barro
19 de setembro 2014

Os Bombeiros do Salnés rescataron, durante a tarde deste xoves 18, unha muller que perdeu o control do turismo que pilotaba e se estrelaba contra a base dunha farola quedando atrapada dentro do vehículo

Accidente en Curro no que resultou ferida a muller de 60 anos PontevedraViva

Unha muller de ao redor de 60 anos resultaba ferida de gravidade por traumatismo torácico ao perder o control do seu vehículo e impactar contra un farol fronte á gasolineira de Curro, na PO-531, no concello de Barro durante a tarde deste xoves 18.

Foi necesaria a intervención dos Bombeiros do parque do Salnés para rescatar a muller que se quedou atrapada no interior do turismo, un Peugeot 205, que quedou destruído polo impacto.

A condutora, única ocupante do vehículo, foi trasladada a un centro hospitalario de Pontevedra. Ata o lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Médicas ademais da Garda Civil de Tráfico e membros da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Barro.