Unha cría de cirrio, a "visita especial" do día na Subdelegación do Goberno

Pontevedra
05 de xullo 2022

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra tivo este martes unha "visita moi especial": unha cría de cirrio. Foi a propia subdelegada, Maica Larriba, a que compartiu esta anécdota en Twitter xunto a unha fotografía do pito na que explicaba que "en su intento de volar acabó en un despacho"

Pito de cirrio atopado nun despacho da Subdelegación do Goberno
Pito de cirrio atopado nun despacho da Subdelegación do Goberno / Maica Larriba

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra tivo este martes unha "visita moi especial": unha cría de cirrio.

Foi a propia subdelegada, Maica Larriba, a que compartiu esta anécdota en Twitter xunto a unha fotografía do pito na que explicaba que "en su intento de volar acabó en un despacho". 

A calor puido ser o motivo levou a este pequeno cirrio a saír do seu niño. Os ocos dos edificios onde estas aves forman os seus niños quéntanse co sol converténdose en fornos leva ás crías para tratar de saír e moitas se precipitan.

Maica Larriba expresou o seu agradecemento ao Centro de Recuperación da Fauna da Xunta de Galicia "por su rápida respuesta".

Sobre esta especie protexida por lei, SEO BirdLife explica que é un ave similar á andoriña, aínda que o cirrio é algo máis pequeno, voa máis alto e ten unha plumaxe completamente negra. A súa dieta é a base de insectos. Localízase habitualmente en núcleos urbanos, voando de forma incansable a gran velocidade. Pasa a maior parte da súa vida no aire, e unicamente véselle pousado cando entra ou sae do niño. Dorme tanto no niño como en voo.