Unha curtametraxe do IES Bizocas sensibiliza sobre a violencia machista nas redes sociais

O Salnés
01 de decembro 2015

A película elaborada por mestres e estudantes do instituto do Grove foi creada con motivo do día mundial contra a violencia sexista e a súa publicación no Facebook leva xa máis de 5.000 visitas

Fotograma da curtametraxe do IES As Bizocas sobre a violencia de xénero
Fotograma da curtametraxe do IES As Bizocas sobre a violencia de xénero / Facebook de IES As Bizocas

Cal pode ser o peor paso para unha muller na súa vida? A partir desta pregunta, unha curtametraxe elaborada no IES Bizocas do Grove presenta en cinco minutos a historia dunha estudante que a partir dunha cita nunha praia atópase presionada a través de post-it en relación aos seus costumes, amizades e gustos por parte da súa parella.

O vídeo foi colgado en Facebook o 25 de novembro, o día mundial contra a violencia sexista, e obtivo xa máis de 5.000 visitas. Este traballo audiovisual quere recoller como nun ambiente como o dun centro escolar poden comezar a xerarse condutas de posesión por parte dalgúns homes cara ás mulleres.

A curtametraxe, marcado por un ton dramático, finaliza cunha mensaxe no que se lembra ás mulleres "que ninguén che marque o camiño, fai o teu".