Unha decena de detidos nunha operación contra o narcotráfico no Salnés

O Salnés
19 de decembro 2023
Actualizado: 16:12

Na comarca do Salnés despregouse este martes un operativo contra o narcotráfico dirixido polo Xulgado Central número 6 da Audiencia Nacional

Helicóptero da Garda Civil (Arquivo)
Helicóptero da Garda Civil (Arquivo)

Na comarca do Salnés despregouse este martes un operativo contra o narcotráfico dirixido polo Xulgado Central número 6 da Audiencia Nacional.

Neste operativo participaron axentes dos Equipos contra o Crime Organizado da Garda Civil (ECO). 

Esta investigación ten ramificacións fóra de España polo que tamén actuaron a Policía Judiciaria de Portugal, Europol e a DEA, a axencia do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos dedicada á loita contra o tráfico de drogas.

Segundo fontes xudiciais, polo menos hai 11 persoas detidas e practicáronse rexistros en varios inmobles de Vilanova de Arousa e tamén noutras provincias. 

Fontes policiais apuntan a tan só nove detidos, que estarían vencellados ao coñecido como clan de Los Piturros, pero a operación sigue aberta e poderían sumarse eses 11 detidos.