Unha deseñadora de Poio, Premio Nacional á Excelencia Empresarial en Moda

Poio
21 de xuño 2017

A deseñadora Amai Rodríguez, natural de Poio, recibiu o Premio Nacional á Excelencia Empresarial en Moda, na categoría de moda de muller, outorgado o pasado 19 de xuño en Madrid pola Asociación Nuevos y Jóvenes Diseñadores Españoles

Amai Rodríguez, recollendo o seu premio en Madrid
Amai Rodríguez, recollendo o seu premio en Madrid / Amai Rodríguez

A deseñadora Amai Rodríguez, natural de Poio, recibiu o Premio Nacional á Excelencia Empresarial en Moda, na categoría de moda de muller, outorgado o pasado 19 de xuño en Madrid pola Asociación Nuevos y Jóvenes Diseñadores Españoles.

Tras participar con gran éxito na última edición da Madrid Fashion Week e crear a súa tenda en liña inmediatamente despois, este novo logro profesional vén recoñecer o seu continuo traballo como creadora de moda independente.

Amai Rodríguez, de 32 anos, foi alumna dos Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia (Esdemga) e tras finalizar a súa formación participou na pasarela Ego de Cibeles, reservada a novos creadores.

Nela, presentou tres das súas coleccións, a última o pasado mes de febreiro.

Ademais, traballou para Zara e para a deseñadora iraquí Reem Alasadi, entre outros, e participou en pasarelas de moda de Trieste (Italia), Bilbao ou Barcelona.