Unha empresa de Barro porá luz ao Entroido de Pontevedra

Pontevedra
31 de xaneiro 2018

O Entroido da cidade de Pontevedra contará coa iluminación dunha empresa da comarca. Trátase de Iluminaciones Pintos, unha compañía especializada de Barro, que foi contratada polo Concello ante o atraso da nova adxudicación

Instalación da iluminación de Entroido
Instalación da iluminación de Entroido / Mónica Patxot

O Entroido da cidade de Pontevedra contará coa iluminación dunha empresa da comarca. Trátase de Iluminaciones Pintos, unha compañía especializada de Barro, que foi contratada polo Concello ante o atraso da nova adxudicación.

Esta empresa cobrará 8.974,80 euros máis IVE.

O encargo do goberno municipal inclúe a instalación de iluminación en Michelena, Benito Corbal, Praza de España, Praza da Ferrería, Praza Curros Enríquez, Praza da Verdura, Praza de Ourense e Loureiro Crespo.

Mentres tanto, os técnicos municipais seguen tramitando o novo contrato de iluminación para o Entroido, as Festas da Peregrina e o nadal.

Sairá a licitación por dous anos nas mesmas condicións que o contrato actual.