Unha exposición denuncia no IES A Xunqueira I o fenómeno da moda rápida

Pontevedra
01 de maio 2024

O próximo día 13 de maio o IES Xunqueira 1 rematará a exposició: "Denuncia a moda rápida pola súa participación na destrucción do medio ambiente"

O alumnado de primeiro de Bacharelato de Artes do IES Xunqueira 1 reflexionou sobre as consecuencias da "moda rápida"
O alumnado de primeiro de Bacharelato de Artes do IES Xunqueira 1 reflexionou sobre as consecuencias da "moda rápida"

O próximo día 13 de maio o IES Xunqueira 1 rematará a exposición "Denuncia a moda rápida pola súa participación na destrucción do medio ambiente". 

Dita exposición inaugurouse o 22 de abril, Día da Terra, coa intención do que o alumnado reflexionase sobre os seus hábitos de compra, e de como estes afectan ao noso planeta.

Os traballos expostos foron realizados polo alumnado de primeiro de Bacharelato de Artes, que aportaron unha mirada reflexiva sobre o tema con obras moi variadas e creativas.

A maiores, esta exposición estivo acompañada da actividade "troco de roupa", onde o alumnado intercambió a súa roupa mediante vales. A iniciativa foi un gran éxito.

Dende o instituto Xunqueira 1 anímase á cidadanía a visitar o seu centro para ver os traballos.