Unha exposición mostra a reciclaxe como unha ferramenta de inclusión social e laboral

Pontevedra
20 de decembro 2018

Dende este xoves e ata o 4 de xaneiro pódese visitar a exposición de productos de reciclaxe elaborados por participantes da Asociación Boa Vida

Exposición de obxectos reciclados
Exposición de obxectos reciclados / Asociación Boa Vida

Dende este xoves e ata o 4 de xaneiro pódese visitar a exposición de productos de reciclaxe elaborados por participantes da Asociación Boa Vida, un colectivo que loita contra a pobreza e a exclusión social e que traballa para disminuir as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo.

Esta mostra é parte do camiño inciado hai catro anos coa formación en reciclaxe como unha ferramenta de inclusión social e laboral. Unha actividade financiada pola Deputación de Pontevedra e a Consellería de Política Social.

Neste proceso recibiron becas de formación, que lles permiten ter pequenos ingresos.

A mostra recolle produtos realizados ao longo de diversos cursos coma decoración de tellas, obxectos feitos con cintas vhs e de reciclaxe textil.

Todos eles poden mercarse na tenda da rúa Santa Clara, número 35. A metade do prezo de venda será para as persoas que elaboraron o producto.