Unha ferramenta electrónica permitirá xestionar impostos municipais a distancia

Pontevedra
19 de outubro 2020

A través dela, os contribuíntes poderán domiciliar recibos, fraccionar os pagos, autoliquidar impostos e recibir notificacións vía SMS sobre a posta ao cobro dos recibos. O uso desta aplicación está suxeita ás fórmulas de autentificación de clave dixital

Sede electrónica do Concello de Pontevedra
Sede electrónica do Concello de Pontevedra / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra activará esta semana unha nova aplicación electrónica para o servizo municipal de Xestión Tributaria. Trátase dun apartado específico que estará operativo dentro da sede electrónica na páxina web municipal.

A través dela, os contribuíntes poderán domiciliar recibos, fraccionar os pagos, autoliquidar impostos e recibir notificacións vía SMS sobre a posta ao cobro dos recibos.

O uso desta aplicación está suxeita ás fórmulas de autentificación de clave dixital, segundo avanzou a portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías.

Esta aplicación comezará permitindo a autoliquidación dos impostos do ICIO, cemiterios e transportes especiais e que a idea "é ir aumentando paulatinamente todos os servizos que se poidan autoliquidar para que sexa máis sinxelo e reduza a atención presencial", engadiu a edil.

A posta en marcha desta aplicación está dentro do obxectivo do Concello de modernizar a administración local, unha estratexia financiada a través dos fondos europeos FEDER. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora