Unha festa infantil con inchables, escuma e animación porá o martes o broche final ao San Xoán de Poio

Poio
25 de xuño 2023

O Concello de Poio amplía a programación das festas cunha última xornada dedicada ao público infantil. Dará comezo ás 17.30 horas do martes na Seca e todas as actividades serán de balde

Cartel da festa infantil que porá fin ao San Xoán de Poio
Cartel da festa infantil que porá fin ao San Xoán de Poio / Concello de Poio

Unha festa infantil poñerá o martes 27 de xuño o broche final ao San Xoán de Poio 2023.

O Concello de Poio decidiu ampliar a programación festiva cunha última traca pensada para os máis pequenos.

Será unha xornada que dará comezo ás 17.30 horas no recinto festivo da Seca con actividades entre as que destacan unha pista americana, inchables, unha festa da escuma e a animación de Javi Solla.

Desde o goberno local de Poio aseguran que se trata da primeira vez que se organiza unha festa infantil dentro da programación do San Xoán, polo que animan a todos os nenos e nenas a gozar da xornada.

Todas as actividades serán de balde.