Unha gran árbore reflectora e cabalos de luz brillante dan comezo ás Festas de Nadal

Pontevedra
03 de decembro 2021

O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, protagonizaba ás 18.30 horas deste venres o acto protocolario de acender a iluminación festiva, nesta ocasión, na Praza de España, acompañado pola Banda de Música de Pontevedra. O Poboado de Nadal na Ferraría e o espectáculo nas pontes do Burgo e das Correntes son algúns dos principais atractivos

Acendido da iluminación de Nadal 2021
Acendido da iluminación de Nadal 2021 / Mónica Patxot

A choiva non evitou que as luces se acenderan este venres 3 de decembro para iluminar 83 rúas da cidade con motivos do Nadal. O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores prendía as luces na Praza de España, acompañado pola Banda de Música de Pontevedra.

Para esta inauguración, un espectáculo itinerante de Cabalos de luz percorreu o centro urbano.

A Praza da Ferrería ofrece este ano un Poboado de Nadal cunha ampliación da decoración propia destas festas ata a praza de Ourense e o Paseo Odriozola cun Mercado de árbores naturais de nadal, que permanecerá aberto ata o domingo 5 de decembro. As persoas que adquiran un exemplar vivo terán a posibilidade de que, unha vez pasadas as festas, poida  replantarlo no monte de Tomeza.

O Poboado da Ferrería conta con 17 casetas con produtos de decoración e tamén de alimentación típicos desta época. A oferta irá cambiando a medida que avancen os días.

As grandes novidades preséntanse coa iluminación das avenidas de Uruguai e de Corvaceiras. A elas únense as pontes do Burgo e das Correntes, que ofrecerán un espectáculo diario de luz, entre o 3 de decembro e o 7 de xaneiro. Serán dez minutos de cor, entre as 20.00 e as 20.10 horas.

A partir do día 20 iniciarase unha programación de actividades de rúa, además del circuito de karts en Raíña Vitoria, con espectáculos, talleres e propostas con concertos e actuacións de maxia, tanto no centro da cidade como nos barrios e nas parroquias, segundo informan desde o Concello.