Unha hamburguesa feita en Bueu aspira a ser a mellor de España

Bueu
30 de xaneiro 2023

Dende o restaurante local "A Esmorga" aspiran a facerse co premio organizado por Fenicia Marketing Group e ao que se presentan por primeira vez

"A Esmorga" aspira a gañar o premio da mellor hamburguesa de España
"A Esmorga" aspira a gañar o premio da mellor hamburguesa de España /

"Alma afumada" é o nome da hamburguesa coa que o local A Esmorga, de Bueu, presentarse á terceira edición do Campionato de España de Hamburguesas "Best Burger Spain", que promoven dende Fenicia Marketing Gourmet, e que premia a mellor proposta de hamburguesa de España.

"Alma afumada" está elaborada con vaca galega de sete anos, panceta afumada, queixo cheddar galego, cebola crocante, maionesa carbón e demi glace.

A concelleira de promoción económica e turismo, Silvia Carballo, mantivo esta semana un encontro con Tatiana e Iván Teixeira, xerentes do local A Esmorga, situado na contorna da Praza Massó, e salientou a importancia de apoiar estas iniciativas porque "segue afianzando a calidade da nosa hostalaría e dos nosos produtos, ao tempo que tamén impulsa o turismo e o coñecemento da vila de Bueu". 

Iván Teixeira comentou que a súa hamburguesa "pretende evocar o ambiente que se creaba ao lado das lareiras e das cociñas das nosas avoas, cos busca de produtos galegos e cos que xerar esta sensación nas persoas que a degusten". 

Tanto dende o local hostaleiro como dende a concellaría que dirixe Silvia Carballo convídase a toda a veciñanza da vila a probar esta hamburguesa e a votar no concurso que estará en marcha dende o 1 ao 28 de febreiro. Tal e como explican, o procedemento é moi sinxelo, pois ao degustar a hamburguesa, a persoa recibirá un código QR para votar con acceso a unha páxina web, co que tamén entrará no sorteo dun premio económico.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora