Unha manifestación veciñal pide melloras de seguridade na PO-303 en Samieira

Poio
16 de abril 2023

Os veciños piden que se acometa unha mellora no vial polo perigo que ocasiona especialmente aos peóns. Por iso solicitan a construción de beirarrúas e a habilitación de pasos seguros para poder cruzar

Manifestación veciñal reclamando maior seguridade viaria na PO-303 en Samieira
Manifestación veciñal reclamando maior seguridade viaria na PO-303 en Samieira / Policía Local de Poio

Seguridade viaria é o que piden os veciños de Samieira para a estrada PO-303.

Con ese obxectivo protagonizaron este domingo 16 de abril unha manifestación por este vial, especialmente inseguro para o tránsito a pé.

Os veciños do lugar piden á Xunta de Galicia, titular do vial, a construción de beirarrúas e a instalación de pasos de peóns, ademais de pedir que se poñan gardarraíles nas numerosas curvas da estrada.

A marcha de protesta partiu ás 12.30 do mediodía do cruzamento de Samieira con Armenteira, para percorrer a PO-303 ata a praza Alfredo Romai Besada, onde se realizou unha concentración e leuse un manifesto.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora