Unha meiga como guía que ensina Combarro aos turistas e quítalles o mal de ollo

Poio
03 de xullo 2023

Conocer Combarro paseando coa meiga Sarabia, iso é o que ofrece a empresa Zona Meiga. A guía turística, Aisa Domínguez, caracterizarase de bruxa para estas vivistas teatralizadas, a un prezo de 10 euros por persoa

Aisa Domínguez nunha das súas visitas teatralizadas
Aisa Domínguez nunha das súas visitas teatralizadas

Conocer Combarro paseando coa meiga Sarabia. Iso é o que ofrece a empresa Zona Meiga.

A guía turística, Aisa Domínguez, caracterizarase de bruxa para estas vivistas teatralizadas, a un prezo de 10 euros por persoa, coas que os turistas poderán percorrer ata setembro este centro histórico afondando na Galicia medieval da Santa Inquisición, a simboloxía celta, "sen perder de vista o espírito e tradición arquitectónica galega". 

Aisa Domínguez explicará aos visitantes os costumes desta terra, o significado de cada cruceiro, así como a composición dos hórreos, pero tamén "os símbolos Celtas, rituais, lendas e moitísimo máis". 

"Un percorrido pensado para os máis valentes que teñan ganas de beber esta beberaxe", di Aisa xa metida no seu personaxe da meiga Saraiba.

A visita teatralizada empeza na Praza do Peirao da Chousa á hora acordada, aí a guía marca as primeiras pinceladas da historia de Combarro "Sabías que foi o único lugar de Galicia no que a realeza non quixo asentarse?", pregunta ao grupo. 

O paseo percorre as estreitas rúas do pobo deténdose nas tendas de lembranzas para falar de simboloxía Celta, "xa que ben sabemos que os galegos somos moi supersticiosos", asegura.

A meiga Saraiba fala de Combarro como "o museo de Cruceiros ao aire libre máis grande de Galicia" e indica ao turista onde sacar as mellores fotos para presumir das Rías Baixas, tamén lles fala da peste, dos misterios da illa de Tambo e da Santa Compaña.

E, por suposto, non falta neste percorrido turístico a referencia ao ano 1492, descubrimento de América, e por suposto, Cristóbal Colón e a teoría que sinala a Poio como lugar de nacemento do famoso navegante. 

Para finalizar, a meiga Sarabia "sacará o mal de ollo recitando o conxuro".