Unha moza, de 13 anos de idade, foi atendida no Hospital Provincial de Pontevedra tras sufrir unha intoxicación etílica en Sanxenxo.
A menor foi localizada de madrugada por axentes da Policía Local nas inmediacións do porto deportivo de Sanxenxo. Atopábase en compañía de amigas con claros síntomas de embriaguez, e de feito outra delas necesitou asistencia médica.
Tras requirir a presenza de urxencias médicas, as menores foron trasladadas inicialmente ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Baltar, aínda que o preocupante estado dunha delas fixo que fose derivada ao Complexo Hosìtalario de Pontevedra.
Segundo fontes consultadas os feitos producíronse pouco despois das 2:00 da madrugada.
As menores, naturais de Ourense, foron identificadas por outra moza do mesmo grupo, polo que se puido avisar aos seus proxenitores para alertalos da situación.