Unha mensaxe de apoio ao persoal sanitario: "Moitas grazas, que faríamos sen vós?" ​

Pontevedra
29 de maio 2021

"Viva la sanidad pública", "Héroes/inas. Gracias por todo. Sois incansables. Que Dios os recompense", "muchas gracias por ser tan amables" ou "Sin vosotros, esto no sería posible. Un fuerte abrazo y ánimo", son algunhas das mensaxes que a poboación deixou nun taboleiro no recinto feiral para animar ao persoal sanitario

Pacientes escriben mensaxes de apoio ao persoal sanitario no recinto feiral
Pacientes escriben mensaxes de apoio ao persoal sanitario no recinto feiral / SERGAS

Tensión, irritabilidade, ansiedade, frustración, presión, cansazo... son algúns dos sentimentos que está acreditado que senten os profesionais sanitarios desde o inicio da pandemia. Para axudarlles a afrontalos e facer máis levadío o tempo que están a vivir, este sábado recibiron unha serie de  mensaxes de apoio por parte dos pacientes aos que atenden

Sucedeu no recinto feiral de Pontevedra, onde continuou a campaña de vacinación á poboación. Alí, instaláronse uns taboleiros nos que os pacientes puideron ir pegando post-it coas súas mensaxes de agradecemento. 

"Viva la sanidad pública", "Héroes/inas. Gracias por todo. Sois incansables. Que Dios os recompense",  "Moitas grazas, que faríamos sen vós?", "moitas grazas", "moi ben", "muchas gracias por ser tan amables" ou "fantásticos, ánimo" son algunhas das mensaxes que se poden ler nestes taboleiros. 

A poboación quere darlles as grazas polo seu esforzo desde o inicio da pandemia da covid-19 e durante o proceso de vacinación e trasladarlles o apoio. "Sin vosotros, esto no sería posible. Un fuerte abrazo y ánimo", engade outra das mensaxes

A actuación é unha pata máis do Plan de Intervención Psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na pandemia de covid-19, na que se convida ao persoal sanitario a coidarse para poder coidar do resto da poboación.