O estalido dunha campá extractora ao redor das 15:00 horas deste venres provocou un incendio nun domicilio da rúa Conde de Bugallal onde unha muller de 69 anos resultou ferida con queimaduras nunha man, segundo informan os Bombeiros, a Policía Local e o 112.
Aínda que o lumeextinguiuse con rapidez, xerouse unha gran fumareda.
Efectivos dos Bombeiros e da Policía Local acudiron á zona, igual que profesionais sanitarios do 061 para atender á muller ferida.