Unha muller en cadeira de rodas, ferida leve nun atropelo en Eduardo Pondal

Pontevedra
10 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

O sinistro produciuse ás 11.30 horas na avenida Eduardo Pondal. Segundo a información facilitada polo 112, o aviso chegoulles a través dos servizos sanitarios do 061, os primeiros en chegar ao lugar, que confirmaron que esta muller estaba ferida "leve". O 112 deu logo traslado á Policía Local 

Rúa Eduardo Pondal, Pontevedra
Rúa Eduardo Pondal, Pontevedra / Diego Torrado

Unha muller resultou ferida de cáracter leve a media mañá deste mércores nun atropelo no centro de Pontevedra.

O sinistro produciuse ás 11.30 horas na avenida Eduardo Pondal.

Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o aviso chegoulles a través dos servizos sanitarios do 061. Foron os primeiros en chegar ao lugar e confirmaron que esta muller estaba ferida "leve".

O 112 deu logo traslado á Policía Local de Pontevedra, que se desprazou ao lugar xunto cunha ambulancia do 061.