Unha obra de teatro e unha andaina reivindicativa son as apostas do Concello de Ponte Caldelas para loitar contra a violencia de xénero.
Con motivo do 25N, o Concello acollerá a obra de teatro 'Puedes llorar los viernes' da compañía Teatro 105 Besos, que relata a violencia de xénero que sofren unha nai e a súa filla. A representación será o acollerá a obra de teatro 'Puedes llorar los viernes' da compañía Teatro 105 Besos, con entrada de balde ata completar aforo.
Ó día seguinte, o sábado 27 a partir das 10:00 horas, será o turno da andaina reivindicativa na que poden participar tanto mulleres como homes. Serán 17 quilómetros de percorrido co que buscan "defender a igualdade e a erradicación da violencia contra as mulleres".
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse en Alcaldía antes do xoves 25 de novembro. A saída será desde a Praza de España con percorrido ata o Alto do Pé da Múa. A volta será polo bosque de Secuoidas de Buchabade e a Pista da Barcala, que percorre a parte alta da Área Arqueolóxica de Tourón.