Unha operación contra o tráfico de cocaína con 10 detidos en Galicia recala na Caeira

Poio
20 de setembro 2023

Unha operación policial conxunta entre a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira (DAVA) suma este mércores polo menos 10 detidos en toda Galicia vinculados cunha organización presuntamente dedicada ao tráfico de cocaína. Continúa aberta nas provincias de Pontevedra (Vigo e Poio) e A Coruña (Ferrol e A Coruña)

Operación anterior del Greco en Pontevedra Mónica Patxot (ARQUIVO)

Unha operación policial conxunta entre a Policía Nacional e o Servizo de Vixilancia Aduaneira (DAVA) suma este mércores polo menos 10 detidos en toda Galicia vinculados cunha organización presuntamente dedicada ao tráfico de cocaína. 

O dipositivo, que se ha desenvolvida durante toda a xornada e continúa aberto, recalou tamén en Poio, con rexistros no barrio da Caeira. 

Fontes policiais confirmaron que o cómputo inicial de detidos elévase a 10, aínda que podería crecer nas próximas horas porque a investigación continúa en marcha. 

Segundo estas mesmas fontes, a operación deixou rexistros e detencións este mércores nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Na pontevedresa, centrados en Poio e Vigo e na coruñesa, en Ferrol e a propia cidade herculina.

O dispositivo supuxo o despregamento de gran cantidade de medios especializados na loita contra a droga, en especial, o Grupo de Resposta Especial para o Crime Organizado (GRECO).