Unha persoa resulta ferida nun accidente laboral no Porto de Marín

Marín
20 de outubro 2016

O incidente rexistrábase arredor das 15.30 horas, segundo informa o servizo de Emerxencias do 112 Galicia

Instalacións do Porto de Marín
Instalacións do Porto de Marín / PontevedraViva

Un operario resultaba ferido durante a tarde deste xoves 20 no Porto de Marín ao sufrir unha caída desde unha altura mentres traballaba na zona portuaria, segundo a información do servizo de Emerxencias do 112 Galicia.

O incidente rexistrábase ás 15.30 horas, a través do aviso de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención de Emerxencias do 112 alertaba a efectivos de Protección Civil de Marín, á Policía Nacional e á Garda Civil. A Autoridade Portuaria tamén foi informada a través o aviso do persoal do 112.

Os efectivos sanitarios mobilizáronse ata o punto para prestar asistencia sanitaria á persoa ferida.