Unha potente máquina trituradora dá o paso definitivo no proceso de talla de árbores na Alameda

Pontevedra
24 de abril 2022

O proxecto impulsado de mellora e embelecemento integrais do parque da Alameda viviu esta semana un paso definitivo coa eliminación dos tocos das árbores que se tallaran polo seu mal estado de saúde

Unha máquina trituradora elimina os tocos das árbores talladas na Alameda / Concello de Pontevedra

O proxecto impulsado de mellora e embelecemento integrais do parque da Alameda viviu esta semana un paso definitivo coa eliminación dos tocos das árbores que se tallaran polo seu mal estado de saúde.

Para poder facelo, a Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural contratou o uso dunha potente máquina trituradora capaz de afondar ata medio metro baixo o chan. 

O Concello dedicou 7.465,70 euros a esta actuación, que foi executada pola firma Xérmolo SA e permitiu a retirada de oito tocos. 

Os traballos foron supervisados polo concelleiro titular do departamento, Iván Puentes, quen, acompañado polo xefe do Servizo de Parques e Xardíns, Manuel Fontán. 

Puentes lembrou que un dos obxectivos deste paquete de actuacións pasaba por optimizar as condicións de solidez e estabilidade do arborado

En semanas pasadas, o departamento que dirixe Iván Puentes xa levara a cabo labores de poda, mediante sistema de trepa, nas principais aliñacións de arborado (especialmente centradas naquelas pólas con maior risco de caída) e unha mellora xeral do pavimento na cabeceira norte da Alameda, coa retirada das zonas de herba e os terróns e o 'bacheado' dos puntos de xeración de pozas de auga con xabre de primeira calidade. 

Trátase dunha batería de obras realizadas cun orzamento duns 21.500 euros.