A directora do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, Rocío Viéites, informou este domingo da apertura do expediente sanitario a unha profesora deste centro por dar positivo en covid.
Esta docente imparte clase a alumnado de terceiro e cuarto da ESO.
O equipo covid do instituto analizou os posibles contactos estreitos da profesora, "que se elevan a case 200 persoas desta comunidade educativa".
Rocío Viéites asegura que para Sanidade "polo de agora, non é preciso poñer en cuarentena a ningún deses posibles contactos estreitos" xa que entenden en la Jefatura Territorial que as medidas de seguridade e prevención de índole sanitaria "están salvagardando a seguridade de todos".