Unha tese universitaria estudará a eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos

Pontevedra
29 de novembro 2017

Será un traballo de fin de grao do alumno Tomás López que será dirixido por Gonzalo Sancho, presidente da Asociación Vaipolorío e por Xana Álvarez, profesora asociada do Departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Escola de Enxeñería Forestal

Tradescantia fluminensis
Tradescantia fluminensis

"Eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos", é o título do traballo de fin de grao do alumno Tomás López que será dirixido por Gonzalo Sancho, presidente da Asociación Vaipolorío e por Xana Álvarez, profesora asociada do Departamento de Recursos Naturais e Medio Ambiente da Escola de Enxeñería Forestal.

Consistirá na avaliación da vexetación de ribeira, identificación de especies invasoras, o estudo dos diferentes métodos de eliminación e control das mesmas e finalmente a instalación dunhas parcelas piloto para a avaliación dalgúns métodos de eliminación para unha especie en concreto (Tradescantia fluminensis). 

Este venres comeza o alumno a instalar ditas parcelas na zona, para o que conta coa autorización da Xunta de Galicia, quen está informada sobre as actividades para realizar.