Unha veciña de Arcos de Furcos, en Cuntis, celebra o seu 103 aniversario

Umia
18 de novembro 2019

O alcalde Manuel Campos visitou a Clementina Fernández na súa casa para facerlle entrega dunha placa conmemorativa e destacou a boa saúde da que goza unha das veciñas máis lonxevas do municipio

O alcalde de Cuntis visita a Clementina Fernández polo seu 103 aniversario
O alcalde de Cuntis visita a Clementina Fernández polo seu 103 aniversario / Concello de Cuntis

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, visitou este luns a Clementina Fernéndez Casanova, unha veciña de Arcos de Furcos que acaba de celebrar o seu 103 aniversario.

O rexedor, acompañado polas concelleiras Conchy Campos e Ana Loureiro, saudou e conversou durante varios minutos cunha das veciñas máis lonxevas do municipio, que a pesar da súa idade, "atópase moi ben de saúde", destacan desde o goberno local.

Clementina, que estaba acompañada polos seus familiares, mostrouse moi emocionada por esta visita e os edís fixéronlle entrega dunha placa para felicitarlle o seu aniversario.