Unha vía de auga nunha embarcación provoca o rescate de sete persoas en Silgar

Sanxenxo
15 de xullo 2023

Os tripulantes, segundo informa o Concello de Sanxenxo, foron evacuados a terra polas embarcacións dos socorristas e a lancha motora que sufría a vía de auga foi remolcada por Nauta ao porto de Sanxenxo

A embarcación trasladada despois de sufrir unha vía de auga
A embarcación trasladada despois de sufrir unha vía de auga / Concello de Sanxenxo

Susto en Silgar cando unha lancha motora con sete ocupantes comezaba a afundirse debido á presenza dunha vía de auga.

Sucedía este sábado 15 de xullo. A embarcación de oito metros de eslora atopábase a un quilómetro e medio da praia de Silgar.

Os socorristas utilizaron as súas embarcacións para acudir ata o lugar onde permanecía a lancha.

Tres dos tripulantes foron trasladados ao porto de Portonovo pola embarcación de Emerxencias de Sanxenxo e as outras catro eran remolcadas con lanchas de Nauta e o Náutico, segundo informa o Concello.

Nauta encargouse tamén de transportar a lancha afectada ata o porto de Sanxenxo.