Uns cincuenta voluntarios plantan froiteiros nas beiras do río Gafos

Pontevedra
04 de marzo 2023

Un grupo de socios de Centro Deportivo Municipal Be One de Campolongo colaborou con Vaipolorío nesta actividade

Unos cincuenta voluntarios plantan frutales en las orillas del río Gafos
Unos cincuenta voluntarios plantan frutales en las orillas del río Gafos / Vaipolorío

Este asollado sábado levou a cabo unha actividade de plantación de froiteiras nos arredores do río Tomeza-Gafos. 

A actividade estaba organizada pola Asociación Vaipolorío e contou cunhas 50 persoas voluntarias.

Un grupo de socios de Centro Deportivo Municipal Be One de Campolongo colaborou nesta actividade. Para eles a xornada incluíu un roteiro de sendeirismo de cinco quilómetros que se complementou cos labores de conservación.

Vaipolorío continúa plantando froiteiros autóctonos nas marxes do leito fluvial, principalmente maceiras de río, perais, pexegueiros e cerdeiras entre outros. 

Esta plantación será similar ás realizadas noutras ocasións, nas que tamén se plantaron árbores como salgueiros, amieiros e bidueiros.