Uns particulares agasallan ao Concello unha leira no Gafos

Pontevedra
19 de decembro 2016

A leira atópase situada detrás do instituto Sánchez Cantón no inicio do paseo fluvial. Trátase dunha pequena parcela de 54,70 metros cadrados

Terreo donado ao Concello de Pontevedra
Terreo donado ao Concello de Pontevedra / PontevedraViva

Uns particulares doaron ao Concello de Pontevedra unha parcela na rúa Palamios, xunto ao río dos Gafos.

A leira atópase situada detrás do instituto Sánchez Cantón, no inicio do paseo fluvial.

Trátase dunha pequena parcela de 54,70 metros cadrados.

O portavoz do goberno municipal, Raimundo González, informou que a Xunta de Goberno deu conta desta cesión gratuíta. A intención do Concello é incorporar estes terreos ao viario de paseo.