UXT aplaude a "profesionalidade" do persoal de Ence no incendio

Pontevedra
07 de decembro 2018

Desde a UXT destacaron a "rápida intervención" do persoal da fábrica que logrou que todo quedase en danos materiais limitados a unha torre de refrixeración en desuso

Incendio en ENCE
Incendio en ENCE / Mónica Patxot

O responsable provincial do Sindicato de Seguridade Privada e Servizos Auxiliares de UXT, Delmiro Álvarez, referiuse nun comunicado ao incendio sufrido pola empresa ENCE o pasado mércores para aplaudir "a gran profesionalidade do persoal interno da factoría, do mesmo xeito que o das empresas auxiliares que nela traballan".

Desde a UXT destacaron a "rápida intervención" do persoal da fábrica que logrou que todo quedara en danos materiais limitados a unha torre de refrixeración en desuso.

Este sindicato pon en valor o "capital humano do persoal que presta os seus servizos nesta fábrica", e en especial dos vixiantes de seguridade e servizos auxiliares, xa que pola súa actuación neste incidente, "demostraron a formación e gran profesionalidade que teñen".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora