Vaipolorío decláralle a guerra á herba da Pampa

Pontevedra
15 de setembro 2018

Integrantes da asociación percorreron este sábado a contorna do río Gafos nunha xornada de erradicación e control desta especie invasora

Xornada de control e eliminación da herba da Pampa
Xornada de control e eliminación da herba da Pampa / Vaipolorío

Integrantes da asociación Vaipolrío repiteron este sábado 15 de setembro unha xornada de loita contra a propagación da herba da Pampa.

Así, desde primeira hora da mañá percorreron as zonas próximas ao río Gafos realizando tarefas de control e erradicación desta especie exótica invasora.

Os voluntarios afanáronse en eliminar os plumeiros característicos desta planta, procedende de Sudamérica, impedindo que se estendan as súas sementes.

Ademais procederon a arrincar exemplares novos da herba da Pampa, unha tarefa sinxela e que reduce gastos e esforzos ao acometela antes de que crezan e fágase máis difícil a súa eliminación, xa que chegan a alcanzar os dous metros de altura.