Vaipolorío denuncia unha vertedura de cascallos no Gafos

Pontevedra
02 de maio 2019

Este atentado ecolóxico localízase nunha vía de servizo habilitada con motivo da construción da liña ferroviaria da alta velocidade no tramo comprendido entre as parroquias de Tomeza e Salcedo

Vertedura de cascallos no Gafos
Vertedura de cascallos no Gafos / Vaipolorío

A Asociación Vaipolorio denunciou este xoves unha nova vertedura de lixo ao río dos Gafos.

Nesta ocasión trátase de cascallos, lixo e desperdicios varios, tal e como puxeron en coñecemento do 112.

Este atentado ecolóxico localízase nunha vía de servizo habilitada con motivo da construción da liña ferroviaria da alta velocidade no tramo comprendido entre as parroquias de Tomeza e Salcedo.

Este enclave ven de ser declarado Espazo Natural de Interese Local (ENIL) unha medida de protección que inclúe un Plan de conservación desta contorna, elaborado polo Concello de Pontevedra, e no que se establecen as bases técnicas para garantir a conservación das especies e hábitats presentes no río dos Gafos, valores que xustificaron precisamente a súa declaración como ENIL.