Vaipolorío precisa axuda para limpar de árbores caídas ao río Tomeza

Pontevedra
02 de novembro 2022

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos)

Árbore caída no carreiro do río Gafos
Árbore caída no carreiro do río Gafos / Vaipolorío

O colectivo ecoloxista Vaipolorío busca voluntarios que queiran participar nunha nova xornada de limpeza. Nesta ocasión, o traballo estará centrado na retirada de árbores caídas sobre o carreiro no tramo rural do río Tomeza (Gafos)-

A cita será este sábado 5 de novembro e as persoas que estean interesadas en participar deberán acudir ás dez da mañá.

É importante que quen desexe asistir o comunique antes do sábado chamando ao teléfono de contacto 676842942 para organizar o traballo en función dos asistentes.

Con esta iniciativa Vaipolorío pretende facer practicable o carreiro na súa totalidade e facilitar o paseo dos usuarios e minimizar os efectos que se rexistran durante a época de choivas no outono e no inverno con inundacións debido á crecida do río.

Non é preciso que as persoas voluntarias traian ferramenta.