Vaipolorío recupera a lenda do demo asubiador para felicitar as festas

Pontevedra
20 de decembro 2021

A agrupación ecoloxista pontevedresa recolle un escrito de Calros Solla para falar do trasno que, segundo a lenda, movíase polo río dos Gafos, na zona de Figueirido, en Vilaboa, e que escollía no aninovo un parvo da aldea para que durante un ano escoitase campás sen saber onde

O demo asubiador
O demo asubiador / Vaipolorío

A asociación Vaipolorío escolleu a lenda do "demo asubiador" para realizar unha orixinal felicitación para estas festas.

A agrupación que se encarga do coidado do río Gafos conta que alí onde o río denomínase Estación, na zona de Figueirido, no municipio de Vilaboa, acostuman escaravellar un trasno rebuldeiro, ao que se coñece como "demo asubiador". Este personaxe ten por ocupación escoller durante a data de aninovo a un parvo da aldea. 

O demo realiza este ritual todos os anos e dedícase a asubiar no  oido da persoa seleccionada. Como consecuencia, a vítima deste xogo de lenda pásase o ano escoitando campás e sen saber de onde proceden. Unha vez que pase o ano, repítese o ritual con outra persoa escollida. Segundo conta Calros Solla no texto remitido a Vaipolorío sobre esta tradición recollida a través do informante Pedro Aboi Santos, este costume prodúcese desde que as orellas colgan da cabeza.

Para felicitar as festas co misterioso "demo asubiador",  Vaipolorío realizou este vídeo: