Vaipolorío recupera a "pontella" de Casal do Río

Pontevedra
04 de abril 2015

  O colectivo Vaipolorío recuperou este sábado a "pontella" de Casal do Río, que ata agora estaba inservible debido aos danos causados polas riadas

Vaipolorío recupera a pontella de Casal do río
Vaipolorío recupera a pontella de Casal do río

O colectivo Vaipolorío recuperou este sábado a "pontella" de Casal do Río, que ata agora estaba inservible debido aos danos causados polas riadas.

O traballo empezou ás dez da mañá.

Unha pontella ou pontón é unha ponte formada por madeiros ou por unha sóla táboa. No caso desta que nos ocupa estaba conformado por unha serie de listóns de madeira colocados enriba de dous grandes madeiros que salvan a canle do río.