Vaipolorío reitera as súas denuncias polo impacto do asentamento chabolista do Couto

Pontevedra
05 de marzo 2018

Este luns os responsables do colectivo ecoloxista Vaipolorío reiterou as denuncias interpostas hai un ano pola situación do asentamento chabolista do Barrio do Couto, na parroquia pontevedresa de Salcedo

Asentamento marxinal no Couto
Asentamento marxinal no Couto

Os responsables do colectivo ecoloxista Vaipolorío reiteraron as denuncias interpostas hai un ano pola situación do asentamento chabolista do barrio do Couto, na parroquia pontevedresa de Salcedo.

Así, Vaipolorío presentou escritos ante o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), na Delegación Territorial Norte-Noroeste de Renfe, ante o Concello de Pontevedra, Augas de Galicia e a Xefatura Territorial de Medio Ambiente de Pontevedra.

Desde Vaipolorío lamentan que a día de hoxe non se produciu ningún tipo de mellora neste espazo natural dos Gafos situado en plena ruta xacobea.

Do mesmo xeito que fixo a Fundación Amigos do Camiño Portugués a Santiago, Vaipolorío denuncia o impacto negativo que ten a presenza do poboado chabolista "instalado de forma ilegal nas proximidades de Ponte do Couto".