Vaipolorío repoboará con especies autóctonas a ribeira do río Gafos

Pontevedra
24 de febreiro 2021

O sábado 27 de febreiro levará a cabo un proxecto para repoboar o bosque autóctono en todo o percorrido do río Gafos

Vaipolorío repoboará a ribeira do Gafos con especies autóctonas
Vaipolorío repoboará a ribeira do Gafos con especies autóctonas / Vaipolorío

Este sábado 27 de febreiro levará a cabo a segunda xornada para repoboar o bosque autóctono en todo o percorrido do río Gafos.

Este proxecto, organizado polo colectivo ecoloxista Vaipolorío, trata de incidir nos puntos invasores limpando e repoboando o bosque autóctono para axudar a que non falten especies galegas en todo o percorrido do río.

O traxecto que vai ao longo do Gafos, conta con aproximadamente 10 quilómetros de lonxitude e 10 metros de anchura de bosque a cada lado e está a ser sustituído pola aparición de plantas invasoras que colonizan e desprazan ás autóctonas, empobrecendo o bosque e impedindo unha mellor biodiversidade.

Por iso, a organización ecoloxista organiza unha saída na que o punto de encontro será na estación de autobuses de Pontevedra ás 10:00 horas para plantar as especies ripícolas, vexetación que nace nas ribeiras dos ríos.

Para participar é necesaria a inscrición previa chamando ao teléfono 676 842 942 antes do venres 26 de febreiro. As prazas están limitadas. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora