Xa hai data para a asemblea para substituír a Guillermo Meijón á fronte dos socialistas da cidade de Pontevedra. Será o vindeiro sábado 30 de novembro ás 10.30 horas e celebrarase na sede local do PSdeG-PSOE. Ao cargo de secretario local presentarase Agustín Fernández, actual concelleiro de Educación e Deportes no Concello de Pontevedra. Pero é probable que non sexa o único candidato. José Manuel Valcárcel estao pensando.
"A día de hoy no", explicou a PontevedraViva o propio Valcárcel sobre as súas intencións. Pero non descarta cambiar de idea nos próximos días. "Vamos a ver qué ejecutiva presenta Agustín Fernández y luego tomaremos una decisión", asegura o ex concelleiro pontevedrés, un dos portavoces do que se deu en chamar 'sector crítico' da agrupación local. O único que ten claro, di, é que "no nos vamos a presentar por presentar".
Recoñece que nos últimos días mantivo contactos con Agustín Fernández, pero quixo aclarar que durante os mesmos "no hubo ninguna oferta concreta por ninguna de las dos partes", sobre unha posible candidatura de consenso. "Ni él me lo ofreció ni yo se lo pedí", insiste Valcárcel, quen asegura que se tratou dun encontro "muy cordial" e no que falaron do rumbo que debería tomar o partido.
Na mesma liña maniféstase tamén Agustín Fernández. Tras cualificar esas conversacións como "cordiales", afirmou que "los puentes están tendidos y hay buena voluntad entre ambas partes para buscar lo mejor para la agrupación". Trátase dun proceso, dixo, "que requiere su tiempo", por iso é polo que insistise en que este achegamento estase producindo "sin agobios", ao entender que acelerar este proceso "puede provocar que las cosas se cierren en falso".
"Buscaremos la mayor integración para que todas las sensibilidades del partido estén satisfechas y se sientan cómodas", asegura Agustín Fernández
En todo caso, o seu proxecto para liderar o partido en Pontevedra está moi avanzado. Aposta por unha executiva continuista da anterior. ÿ o normal, explica, porque o relevo prodúcese pola dimisión de Guillermo Meijón. "La ejecutiva actual lleva trabajando año y medio con una serie de dinámicas y estrategias y por lógica debemos continuar con esa línea", asegura Fernández. Pero non implica que non haxa novidades e caras novas no seu equipo.
"Buscaremos la mayor integración para que todas las sensibilidades del partido estén satisfechas y se sientan cómodas y si eso supone dar entrada a gente nueva, estaremos encantados de hacerlo", sinala o actual concelleiro de Educación e Deportes. Con todos estes criterios "estamos hablando con los compañeros, explicando nuestro proyecto y avanzando en la composición de la nueva ejecutiva".
O obxectivo dos socialistas, segundo Agustín Fernández, é claro. Saír reforzados desta asemblea local e comezar a traballar de face ás eleccións municipais de 2015. "Sea quien sea entonces el candidato o candidata tiene que contar con un partido fuerte y unido detrás", concluíu.
En todo caso, os posibles candidatos á secretaría local terán ata o próximo día 29 para formalizar as súas candidaturas. Así foi comunicado nas últimas horas por carta a todos os militantes da agrupación da cidade e á executiva nacional.