Veciños da rúa Baladas de Barro convidan a celebrar un Samaín alternativo

Barro
30 de outubro 2020

Un grupo de veciños da rúa Baladas, no concello de Barro, convida á xente da zona a participar no I Concurso do Samaín entre Portas. "A intención é ambientar e tomar cun pouco de humor para levar mellor estes tempos de angustia e, como non, conservar o costume do Samaín que aos nenos tanto lles gusta", indican dende a organización

Cartel do I Concurso do Samaín entre Portas
Cartel do I Concurso do Samaín entre Portas / Veciños rúa Baladas

Un grupo de veciños da rúa Baladas, no concello de Barro, convida á xente da zona a participar no I Concurso do Samaín entre Portas.

Esta iniciativa segue a liña doutras propostas que fixeron durante o tempo de confinamento para facer máis levadía a situación da pandemia, con humor e boa veciñanza. Ademais, animan a que se realice a actividade en familia.

Para participar no Samaín entre Portas o requisito é ter un piso nun edificio da rúa Baladas e que o veciño estea disposto a decorar a porta de entrada.

Unha vez decorada a porta, hai que enviar unha fotografía ao whatsapp da organización: 605 479 388, indicando o nome co que titula á súa porta.

As fotos publicaranse na páxina de facebook que habilitarán os organizadores e a porta que máis "encántame" reciba, gañará o concurso.

O prazo para anotarse finaliza o sábado 31 de outubro ás 20 horas.

Como indican desde a organización, "a intención é ambientar e tomar cun pouco de humor para levar mellor estes tempos de angustia e, como non, conservar o costume do Samaín que aos nenos tanto lles gusta".

Os premios, cedidos de xeito anónimo, serán os seguintes: un primeiro premio dun vale de compra de 25 euros na hostelaría de Barro, un segundo composto por unha caixa de máscaras cirúrxicas e un terceiro que consiste nunha botella de hidroxel. Tamén se anuncia que para todos os participantes haberá chuches.