Veciños de Samieira queixanse ao Valedor do Pobo pola falta de información municipal sobre a depuradora

Poio
12 de outubro 2013

Unha vez estudada a queixa dos veciños de Samieira, o Valedor deuna por admitida argumentando que se admite ao entender que reúne os requisitos formais e se dan indicios dunha conduta inconstitucional, posto que o Concello de Poio, como Administración Pública, serve con obxectividade os intereses xerais e actúa con sometemento pleno á lei e ao dereito

A plataforma 'Non á Depuradora en Samieira' ven de presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo ante a falta de información sobre os traballos de procura dun emprazamento alternativo para a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Segundo sinalan os veciños, solicitaron estes datos ata en cinco ocasións ao Concello de Poio entre o 20 de novembro de 2012 e o pasado 9 de setembro.

Os veciños emitiron un comunicado no que sinala que as solicitudes foron dirixidas á institución municipal, non só porque se trata da administración máis próxima ao cidadán e a encargada de mediar a favor dos intereses xerais dos residentes no seu termo municipal, senón porque o Concello de Poio é o responsable de buscar os terreos para esta infraestrutura e ostenta competencias tanto en saneamento como en ordenación urbana.

Al respecto, recordan que a institución local está actualmente redactando un novo PXOM e, polo tanto, de conformidade coa Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, está obrigada a precisar os terreos reservados para dotacións, equipamentos e servizos comunitarios, como a EDAR, e a definir con precisión o trazado das redes de saneamento.

Unha vez estudada a queixa dos veciños de Samieira, o Valedor deuna por admitida argumentando que se admite ao entender que reúne os requisitos formais e se dan indicios dunha conduta inconstitucional, posto que o Concello de Poio, como Administración Pública, serve con obxectividade os intereses xerais e actúa con sometemento pleno á lei e ao dereito (artigo 103.1 da Constitución).

O Valedor admitiu a queixa ao considerar que hai indicios de inconstitucionalidade 

En consecuencia, o Valedor xa iniciou as actuacións oportunas ante administración local, requeríndolle, en primeira instancia, que no prazo de 15 días, informe á Institución sobre as circunstancias postas de manifesto por este colectivo e aclare as causas da falta de resposta, dando prazos e contidos a esta contestación, se é o caso.

Os veciños de Samieira sinala que "lamentamos profundamente esta actitude municipal", da que din que é "completamente antidemocrática" e que "o Concello de Poio mantén dende os inicios deste conflito", optando pola "confrontación con este colectivo veciñal" e cun "triste doble discurso que só busca confundir".

Ademais, amósanse convencidos de que "non se está poñendo todo o empeño en traballar nunha solución. Que se está deixando correr o tempo, paralizando conscientemente a materialización dun servizo público e condenando aos afectados a permanecer en vilo pendientes deste proxecto" e recordan que máis de 2.300 cidadáns asinaron en contra de este proxecto.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora