Veciños do barrio da Seca seguen a reclamar solucións ante os problemas de iluminación

Pontevedra
28 de agosto 2017

A concelleira do Partido Popular, María José Rodríguez Teso, indica que avisaron o Concello en reiteradas ocasións sen que desde o goberno local se resolva

Queixas veciñais por falta de luz no barrio da Seca
Queixas veciñais por falta de luz no barrio da Seca

Os veciños do barrio da Seca e desa contorna móstranse molestos ante a falta de iluminación que se rexistra nesta zona da cidade. Sinalan que esta escasa presenza de iluminación pública crea unha situación de inseguridade que levan denunciando desde hai meses no Concello de Pontevedra.

María José Rodríguez Teso, concelleira do grupo municipal do PP e que conta con familiares residentes neste barrio, faise eco desta denuncia veciñal.

A representante popular xa denunciara que o cadro eléctrico da iluminación pública atopábase nunha localización de fácil acceso e que os vándalos lograban cortar a luz para despois poder realizar roubos en vehículos e mesmo nos domicilios.

Rodríguez Teso sinalan que desde o goberno local está a facerse caso omiso a este problema de seguridade, a pesar da demanda veciñal.